Parque do Espiño, Santiago de Compostela – #SabeASoleteSessions

Era 9 de Xullo e ás 20:30 comezou o camiño. Da man de ReCover e convidados por dous fantásticos anfitrions como Café Espino e Café Santa Isabel, Santiago de Compostela comezaba a saber a vermú coas #sabeASoleteSessions coas que levamos crecendo xuntos os últimos meses.

Hai días que o tempo en Santiago se alía coas boas ideas e esta debeu de selo. A Praza do Espiño en Galeras estaba radiante, e xa non estou a falar do tempo. As terrazas abarrotadas de xente que nos levou a todos en volandas durante a tarde-noite e que nos confirmou o que xa nos insinuara o tempo, unha boa idea. Un par de notas de guitarra, un golpe de caixón, un vaso de vermú e o feitizo xa producírase. Non tardarían moito en saltar á “pista de baile” os primeiros espontáneos.

Cabe destacar que dificilmente se nos ocorrería un sitio mellor para lanzar a rodar esta idea. Un lugar inmellorable deseñado para o desfrute de toda a familia. Nenos xogando, pais saboreando, mozos (e non tan novos) bailando… Todo nun mesmo espazo. Espectacular.

E así se pasou a tarde, entre guitarras, o vermutmóbil, camareiros e amigos. Unha de moitas que virían despois.